webinar register page

Ciclo FALAMOS 02/06/2022
Presentación do libro, polos seus autores, "Ser adolescente. ¿Transición o destino?", publicado por IOC Editorial en novembro de 2021. O libro trata da configuración e características das adolescencias contemporáneas.

Antes de que a pandemia a causa da COVID-19 aparecera nas nosas vidas, os/as adolescentes contemporáneos xa parecían vivir nun escenario postapocalíptico no que eles representan a nova normalidade social. Atrapados nunha etapa que en outro tempo era de tránsito, a saída da adolescencia converteuse nunha nova Ítaca. As caracteropatías na adolescencia desafían hoxe a lóxica do continua normalidade-patoloxía para abrir un interrogante sobre a construción da identidade, como o binarismo estallou en mil anacos e o corpo foi desprazado como lugar da experiencia por un mundo virtual. O traballo co adolescente contemporáneo preséntasenos como un gran desafío e un enigma por resolver.

Jun 2, 2022 08:00 PM in Madrid

* Required information
Loading